
Como indican nas bases,Igalia é unha empresa enormemente comprometida co desenvolvemento do software libre en Galicia, a través de iniciativas como este concurso, a organización do Máster de Software Libre que organiza coa Universidade Rey Juan Carlos e Caixanova (non confundir co Máster en Consultoría de Software Libre que organizamos no campus de Ourense), ou a activa participación na creación de AGASOL, a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre.
"o concurso consiste na presentación e desenvolvemento dun PFC que cree un novo proxecto de Software Libre ou ben mellore un existente, utilizando unha implementación libre de calquera linguaxe de programación.Requisitos para a participación
- Os concursantes deberán estar matriculados nalgunha das tres universidades galegas e os seus PFCs deberán ser defendidos, cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias (ordinaria ou extraordinaria) do ano académico 2007/2008 (entre febreiro e outubro do 2008).
- O código deberá estar baixo calquera das licencias de software libre así consideradas pola Free Software Foundation (FSF) ou a Open Source Initiative (OSI)."
No hay comentarios:
Publicar un comentario