viernes, 7 de noviembre de 2008

Comunicado del Colegio de Ingeniería en Informática de Galicia



Ayer me llegó esta nota emitida por Fernando Suárez, el presidente del Colegio Profesional de Ingenieros en Informática de Galicia, dirigida a todos los colegiados (debo aclarar que yo no lo soy, puesto que no soy ingeniero en informática, y el doctorado en ingeniería informática no da derecho a colegiarse :(

Estimado/a colexiado/a,

Neste momento de incertidume ante o futuro da nosa profesión, é a
obriga do CPEIG informar a todos/as os/as colexiados/as da
situación actual, así como das medidas que o CPEIG pensa adoptar
de inmediato.

O pasado 23 de outubro o Ministerio de Educación presentou as

fichas dos novos títulos de Grao e Master de todas as enxeñarías
menos a de informática, cumpríndose así os nosos peores
presaxios. Para tomar esta decisión o ministerio argumentou que
a nosa enxeñaría non ten atribucións, que a informática é unha
materia transversal e que polo tanto non debe concentrarse nunha
titulación concreta.

Por outra parte, o pasado xoves día 30, presentouse ante a

Comisión de Ciencia e Innovación unha proposición non de lei (en
adiante, PNL), sobre contidos e competencias da Enxeñaría en
Informática, na que se instaba ao Goberno a regular a nosa
profesión. Esta PNL foi REXEITADA cos votos en contra de PSOE
(18) e IU (1), as abstencións de PNV (1) e CiU (1) e os votos a
favor de PP (16) e BNG (1).

Desde o CPEIG traballouse activamente para que esta PNL fora

aprobada. Proba delo son, por unha banda, a propia autoría da
mesma por un deputado Ourensán, e por outra o voto a favor do
BNG.

Ante a avalancha de comentarios e actuacións xurdidas a raíz dás

citadas situacións, convén aclarar diversas cuestións para
evitar confusións e que todos/as os/as implicados/as entendamos
a complexidade da problemática presentada.

A carreira de Enxeñaría en Informática non vai desaparecer a

curto prazo. Moitas universidades xa teñen elaborados os plans
de estudo para o Grao ou o están a facer nestes momentos. O
CPEIG está a colaborar coas tres universidades galegas neste
eido.

Na lei de adaptación ao Espazo Europeo de Ensino Superior, o

Goberno central dispuxo que os plans de estudos das titulacións
asociadas ás profesións reguladas deberán axustarse ás súas leis
de atribucións. Este axuste materialízase na "ficha da
titulación", que é un compendio de contidos e competencias que
deben ter os/as titulados/as. Neste sentido "competencias" non é
o mesmo que "atribucións". As competencias son "aquilo que se
sabe facer", mentres que as atribucións son "aquilo que a Lei
che faculta para facer".

Para as profesións non reguladas non hai fichas. Na práctica esto

quere dicir que cada universidade pode actuar baixo o seu
criterio individual, sempre e cando as titulacións respondan a
uns mínimos moi xenéricos.

No caso da Enxeñaría de Telecomunicacións, que si está regulada,

existe unha ficha para esta titulación e nela incluíron moitas
competencias que son do noso ámbito. A Enxeñaría en Informática
non dispón de ficha, así que a carreira que vai ter recoñecidas
oficialmente as nosas competencias, malia estudar menos créditos
nas materias propiamente informáticas, é a Enxeñaría de
Telecomunicacións, quedando a nosa titulación sen competencia
algunha. Nesta situación os/as Enxeñeiros/as de
Telecomunicacións poderían dicir "posto que se me recoñece
competente para isto, outórgame a potestade legal para facelo".
Chegado ese punto, a nosa carreira e a nosa profesión si que
desaparecerían.

Para evitar que cada universidade faga os plans de estudos de

informática á súa imaxe e semellanza, os colexios profesionais
propuxemos á Conferencia de Decanos e Directores de Informática
(en adiante, CODDI) que acadase un consenso para que en todas as
facultades a carreira fose moi parecida. Chegouse a este
consenso e a un acordo co Secretario de Estado de Universidades
para que calquera carreira denominada "Grao en Enxeñaría en
Informática" tivese que axustarse a estes parámetros.

Posteriormente, algunhas universidades non respectaron o acordo

anterior por presións desde os reitorados. Complementariamente,
outras universidades decidiron crear titulacións non
denominadas "Enxeñaría en Informática", pero que na práctica
albergan de xeito moi particular os contidos da nosa carreira.
Titulacións desta índole son "Enxeñaría de Sistemas", "Enxeñaría
do Software", "Enxeñaría Web", etc. Non obstante, na gran
maioría das universidades respectouse o consenso, de xeito que a
carreira seguirá sendo razoablemente homoxénea e seguiremos
tendo base para loitar polas atribucións profesionais.

Evidentemente, o CPEIG non vai a permanecer inmóvil vendo como

son pisotedas sen o menor escrúpulo a nosa carreira e a nosa
profesión. O vindeiro sábado 8 de novembro está convocada en
Madrid unha reunión dos presidentes e decanos de todos os
colexios profesionais de enxeñaría en informática de España para
coordinar as medidas a tomar. De igual xeito, os colexios tamén
nos estamos coordinando coa CODDI, ALI, AII2 e RITSI. As accións
que se están a barallar pasan por todas as posibles, desde
accións legais ata movilizacións.

En relación coa convocatoria de folga para o vindeiro 19 de

novembro que está a circular a través de diferentes medios de
comunicación, esta cuestión será debatida en detalle na citada
reunión, de xeito que a postura sexa única e firme, xa que
entendemos que facer guerras por separado non fai máis que
favorecer os intereses de quenes están a menospreciar a nosa
profesión.

Poderedes seguir de todas estas cuestións, o resultado da reunión

de Madrid e as posturas a adoptar a través do portal do colexio.

Agora, máis que nunca, precisamos a túa axuda e o teu apoio.


--


Fernando Suárez Lorenzo

Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia
Presidente

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Ala, el CPEIG y Fernando Suárez a ponerse medallas. Da la sensación de que la PNL, los apoyos políticos y la salvación de la ingeniería en informática la iniciasen o los buscasen ellos y ellos fueran los salvadores.

Si realmente los que se movieron sin buscar protagonismos a lo callado para que esto saliera adelante hablasen.... !!! Que otros se ensucien las manos para que ellos recojan los resultados!!! Sea como sea bienvenidos los apoyos de cualquiera a este tema.

boriel dijo...

Una puntualización a lo de "los colegios".
Algunas personas (me incluyo) no estamos muy a favor de los Colegios profesionales ni las atribuciones (de hecho en el resto de Europa, ninguna profesión está regulada salvo Sanidad y Arquitectura, que yo sepa).

Dicho esto, si en España no es así, entonces entiendo que es de recibo que las competencias y atribuciones relacionadas con la informática vayan para los Colegios de Ing. Informática y no otros (Telecomunicaciones, Industriales).

Además, considero que todo el que ha hecho un doctorado en Informática (ej. yo estoy con muchos compañeros de matemáticas, física, industriales haciendo el doctorado en física e informática) si debería ser tenido en cuenta por los colegios.

pharmacy dijo...

Muy interesante informacion, no estaba al tanto de los cambias que se habian realizado.

Digital Planner dijo...


iso certification in noida
iso certification in delhi
Halal Certification in Delhi
haccp certification in delhi

Anónimo dijo...

Great Peace of information. Keep it up
Bitwissend Technologies is the Best Web Design company Kottayam, Kerala, India. We mainly focused on delivering quality and cost effective IT solutions through strong virtual presence. Commitment to customer satisfaction is the principle value of our company. Our services includes website design I Web development I Mobile Application Development I Software Services I SEO & Digital Marketing
web design company kottayam
website designers kottayam
website designers kerala
website designers kerala
website designers in kottayam
website designers kerala
website design company kottayam
ecommerce development company kottayam