miércoles, 4 de marzo de 2009

A PGDEI convoca unha manifestación para o vindeiro 17 de marzo na Coruña


A semán pasada constituiuse a Plataforma Galega para a Defensa das Enxeñarías Informáticas. É unha iniciativa dun grupo de estudantes da Facultade de Informática de A Coruña na que buscan a involucración activa de todos os afectados pola actual situación da profesión. Tal e como indican na web que xa está en funcionamento, a PGDEI nace co obxectivo de aglutinar os diferentes colectivos que a nivel galego traballan na defensa das titulacións en Informática. Os obxectivos da plataforma son:
  • Server de marco de coordinación e debate das diferentes accións reivindicativas a realizar na defensa das Enxeñarías en Informática.
  • Informar de maneira directa e veraz de todas aquelas noticias e actuacións relacionadas cos obxectivos da plataforma.
  • Conseguir as fichas competenciais das titulacións de Enxeñarías en Informática e a consecuente regulación profesional que isto conleva.
A primeira decisión da Plataforma foi a convocatoria dunha manifestación para o vindeiro 17 de marzo na Coruña, para a que se busca a máxima participación de estudantes e profesionais da enxeñería informática en Galicia.

Enlace:
web da PGDEI

No hay comentarios: