viernes, 25 de abril de 2008

Ayudas del IGAPE para proyectos de software libre

Noticia publicada en mancomun.org:
O Igape, mantendo a liña seguida estes últimos anos, inclúe dentro das súas axudas económicas para empresas galegas unha convocatoria de subvencións a fondo perdido para proxectos tractores de empresas desenvolvedoras de software en código aberto.

Para optar a estas axudas a peme desenvolvedora debe presentar un proxecto de parametrización dunha aplicación de xestión empresarial libre (con licenza GPL, LGPL, MPL ou BSD). Deberá contar coa participación de cando menos 5 empresas nas que desenvolverá a fase de ensaio e adaptación. Unha vez acadado o obxectivo desta fase procederá á implantación nestas empresas ademais de establecer un compromiso de cesión e adaptación gratuíta noutras 10 empresas galegas máis polo menos.

Ao remate do proxecto deberán quedar identificadas todas as empresas beneficiadas pola implantación gratuíta do aplicación mediante a cobertura dun formulario, asinado por cada un dos representantes das mesmas.

No momento da xustificación, a empresa promotora do proxecto deberá ter posto en marcha un espazo web do proxecto (apoiándose en ferramentas existentes, preferiblemente en http://www.mancomun.org) no que se difunda sen ningunha limitación de acceso o software desenvolvido, e exista a documentación suficiente para a súa utilización por parte doutras empresas e particulares, de acordo cos termos da licenza pública elixida.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 12 de maio.

Para máis información contactar coas oficinas territoriais do IGAPE e no Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 902 300 903. Tamén a través de www.igape.es ou en informa @ igape.es

No hay comentarios: